Este é o programa da III Festa da Merenda que, en breve, veredes colgado por tódalas árbores e paredes.
Recordamos: O venres 14 de marzo, celebramos a III Festa da Merenda. Aproximadamente, a partires das 9 da noite, haberá tortillas de masa con ou sen torriscos gratis para todos. E a continuación actuación das orquestras Olympus e Philadelphia.
A Olympus xa a coñecedes: Para moitos trátase da mellor orquestra de toda Galicia. Os seus cantantes Peke, Danni, Kristie e Lucky fannos saltar e bailar ao ritmo das súas cancións. Recentemente superaron o récord Guiness ao tocar durante 24 horas seguidas en Negreira. Moitos de nós estivemos alí e comprobámolo. E para este ano prometen sorpresas, novas incorporacións e moita festa!!! Visitade a súa web http://www.orquestaolympus.net/
A orquestra Philadelphia tamén nos acompañou o ano pasado e ofreceunos un espectáculo inmellorable. E este ano asegúrovos que ides disfrutar o dobre con eles. Segundo as informacións que me chegaron dalgúns aiacenses que a viron actuar hai moi poucos días, as dúas novas incorporacións como cantantes son espectaculares. E para aqueles que lles apasionaba a voz de Christian cantando "Soy minero", non vos preocupedes, que segue no grupo e, de seguro, vos deleitará coa súa voz.
Nada máis. Soamente dicirvos que non podedes faltar. Ídela perder?
carayo cos de aizo tades fuertismos ajjaja ata teñen blog e todo jeje..
ResponderEliminarestou vendo o blog e ewstá unha pasada de bonito!!!
ResponderEliminar