Para tódolos que teñen facebook:
Axudádenos a gañar 6 pandeiretas para o noso grupo "Sarillo de Aiazo" dándolle a "gústame" no noso video en https://www.facebook.com/saninpercusiontradicional (só poderán facelo aqueles que teñan unha conta de facebook). Estamos cantando a jota e muiñeira de Aiazo. A copla con máis votos, levará as pandeiretas. Moitas gracias!
31 de diciembre de 2011
15 de noviembre de 2011
Magosto 2011
Coma cada ano por estas datas, a A.V.V. "Os Pasos" de Aiazo celebra un magosto para tódolos veciños/as. Este ano non ía ser menos así que aquí van algunhas imaxes dese día.
Tódalas fotos en facebook
ou no seguinte álbum:
24 de octubre de 2011
Xantar homenaxe ás cociñeiras da Festa da Merenda
As nosas cociñeiras máis famosas, as da Festa da Merenda de Aiazo, tiveron a súa particular homenaxe por parte da Asociación de Veciños "Os Pasos" e de tódolos veciños o pasado mes de setembro.
En agradecemento á súa entrega e ao seu traballo desinteresado na que xa é a festa gastronómica de máis sona no noso concello, disfrutaron dun xantar na Área Recreativa "Os Pasos" e foron agasalladas con cadanseu calendario personalizado coa súa foto.
Gracias por cociñardes así de ben!!!
12 de septiembre de 2011
Fotos da XIV Ruta de Sendeirismo
Xa están dispoñibles na sección "Aiazo en imaxes" as fotos da XIV Ruta de Sendeirismo na que visitamos o museo etnográfico do concello.
Aínda que caeron algunhas pingueiras, pasámolo en grande, descubrimos paisaxes incribles e aprendemos moitas cousas do noso pasado.
Pola tarde o Mago Marttyn deixounos abraiados cos seus trucos de maxia e se non que llo digan aos voluntarios que presenciaron de primeira man como erguía unha mesa no aire, como facía aparecer un billete no sitio menos pensado, etc.
30 de julio de 2011
XIV RUTA DE SENDEIRISMO (Aiazo 2011)
O vindeiro sábado 6 de agosto terá lugar a XIV Ruta de Sendeirismo na que se fará unha camiñata ata o concello para ver o Museo Etnográfico de Frades. Despois xantarase na Área Recreativa "Os Pasos" e pola tarde contaremos co espectáculo "IlusionArte" do Mago Marttyn, subvencionado pola Rede Cultural da Deputación da Coruña.
29 de julio de 2011
Moita, moita, moita festa!!!
Moita comida, moita música, moita natureza e sobre todo, moita festa. Esta é a esencia da Festa dos Pasos que coma cada ano se celebra na Área Recreativa do mesmo nome co obxectivo de xuntar a tódolos veciños/as de Aiazo para contar uns contos, divertirse e botar unhas bailas.
O tradicional menú consistía en empanada, churrasco, tarta larpeira, café e queimada. Despois comezaba a música de man da charanga Ruada.com e, ao anoitecer, co dúo Camilo e Eva.
Como vos podedes imaxinar a festa rematou de madrugada, e é que aos aiacenses non hai quen nos pare. De tódolos xeitos, este ano saíronnos uns serios competidores. Estou a falar dos membros da Banda de Música de Ordes que tamén celebraban unha churrascada ese mesmo día e non dubidaron en unirse a nós no baile. Menuda marcha que tiñan! Pero que fácil cho puxemos Eva, sempre es ti a que vas buscar a xente para bailar; pero esta vez apuntabámonos todos sen rechistar!

12 de julio de 2011
Festa dos Pasos 2011
Tralas festas patronais de San Pedro, a próxima parada festeira de Aiazo será a Festa dos Pasos, a xuntanza anual dos socios da A. VV. "Os Pasos". Este xantar veciñal terá lugar o vindeiro 23 de xullo na Área Recreativa dos Pasos.
Este ano, amenizará a tarde a charanga "Ruada.com" e, pola noite, contaremos coa presencia do dúo "Camilo e Eva", que xa nos acompañou o segundo día das festas de San Pedro.
Agardamos que sexa un día estupendo, no que tódolos veciños/as se reencontren e disfruten comendo, cantando e bailando. Vémonos alí!
Se queredes asistir, tedes que anotarvos antes do día 17 de xullo.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)