Amosando publicacións coa etiqueta festas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta festas. Amosar todas as publicacións

13 de marzo de 2009

IV Festa da Merenda - 3 de abril de 2009

A Festa da Merenda volve a Aiazo, xa pola súa IV edición, o día 3 de abril de 2009 (o venres previo á Semana Santa). Coma sempre, haberá degustación gratuita de "merendas" ou tortillas de masa con torriscos elaboradas pola xente do lugar a partir das 21.00, dobre carpa para abrigarnos do frío e a choiva en caso de que fixeran acto de presenza e, por suposto, a actuación estelar de dúas orquestras de renome: Olympus e Panorama.
Á orquestra Olympus xa a coñecemos, por acompañarnos en pasadas edicións, aínda que o seu novo espectáculo "El Poder de la Magia" promete sorprendernos. Panorama será a primeira vez que nos visite e farao despois de cumprir os 20 anos enriba dos escenarios. Vaia nivelazo!

Ídela perder? Recordade, o venres 3 de abril á noitiña, IV Festa da Merenda en Aiazo (no campo de futbol, a carón da Área Recreativa "Os Pasos").

28 de febreiro de 2008

Xa hai programas da III Festa da Merenda!

Este é o programa da III Festa da Merenda que, en breve, veredes colgado por tódalas árbores e paredes. Recordamos: O venres 14 de marzo, celebramos a III Festa da Merenda. Aproximadamente, a partires das 9 da noite, haberá tortillas de masa con ou sen torriscos gratis para todos. E a continuación actuación das orquestras Olympus e Philadelphia.A Olympus xa a coñecedes: Para moitos trátase da mellor orquestra de toda Galicia. Os seus cantantes Peke, Danni, Kristie e Lucky fannos saltar e bailar ao ritmo das súas cancións. Recentemente superaron o récord Guiness ao tocar durante 24 horas seguidas en Negreira. Moitos de nós estivemos alí e comprobámolo. E para este ano prometen sorpresas, novas incorporacións e moita festa!!! Visitade a súa web http://www.orquestaolympus.net/
A orquestra Philadelphia tamén nos acompañou o ano pasado e ofreceunos un espectáculo inmellorable. E este ano asegúrovos que ides disfrutar o dobre con eles. Segundo as informacións que me chegaron dalgúns aiacenses que a viron actuar hai moi poucos días, as dúas novas incorporacións como cantantes son espectaculares. E para aqueles que lles apasionaba a voz de Christian cantando "Soy minero", non vos preocupedes, que segue no grupo e, de seguro, vos deleitará coa súa voz.
Nada máis. Soamente dicirvos que non podedes faltar. Ídela perder?

1 de febreiro de 2008

Xa queda menos para a III Festa da Merenda!!!

Amigos e amigas, como xa sabedes o vindeiro 14 de marzo celebramos a III edición da Festa da Merenda en Aiazo. Si, tan só quedan 42 días!!!

Temos o honor de contar con dúas das orquestras máis solicitadas para este ano: OLYMPUS e PHILADELPHIA.


Volveremos a revivir momentos tan especiais coma os do ano pasado. Recordades?

Non podedes faltar! Agardámosvos!!!

30 de xaneiro de 2007

II Edición da Festa da Merenda

Para os que aínda non se enteraron, o venres 23 de febreiro celebramos en Aiazo (Frades) a II Edición da Festa da Merenda, na que haberá degustación gratuita da tradicional tortilla de masa. Estades todos convidados así que non podedes faltar! Agardámosvos.


E ademais, para animar a festa actuarán as orquestras Philadelphia e Olympus.





Recorda: o 23 de febreiro no campo de fútbol de Aiazo, a carón da área recreativa "Os Pasos".
Se queredes coñecer máis sobre a orquestra Olympus, visitade a súa web http://www.orquestaolympus.net/main.html
Ah! Teremos dúas carpas pechadas por se vai frío ou chove.