
Aiazo acolleu este pasado venres, 14 de marzo, a milleiros de visitantes ansiosos por degustar as nosas merendas e tamén por escoitar ás dúas orquestras que nos acompañaban: 
Olympus e 
Philadelphia. A 
Festa da Merenda de Aiazo está gañando puntos e pronto ócupará un lugar privilexiado entre as moitas festas gastronómicas da nosa comunidade.

O tempo decidiu acompañarnos este ano e a noite comezou sen ningún percance coas cociñeiras elaborando as tortillas de masa para todos/as. Ante a cantidade de xente que asistiu ao evento, as cociñeiras andiveron un pouquiño apuradas xa que non querían que ninguén marchase sen probar a merenda. E velaquí están:
 
  
  
  
 
 Arredor das 11 da noite, comezou a actuación da orquestra Philadelphia que nos deleitou coa súa música e a súa actuación. Christian adicoulles ás cociñeiras o seu "Soy minero". E cara as 12.30 da noite, a actuación estelar da orquestra Olympus tívonos a todos en vilo. Ata se atreveron co Chiki-chiki!

 
  
 
 Unha noite incrible. Dende aquí, dar as gracias a tódolos asistentes, ás dúas orquestras que o fixeron marabillosamente, ás cociñeiras e, sobre todo, aos membros da asociación por continuar con esta festa que cada vez nos encanta máis.
 
 


 
  
 

Un bico a todos/as. Vémonos na próxima.
 
  
  
  
  
 

Ah! Xa podedes ver tódalas fotos desa noite na sección Aiazo en imaxes. Se alguén ten máis fotografías e quere que as suba, enviade un mail a 
tamica_@hotmail.com.
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario