13 de marzo de 2009
IV Festa da Merenda - 3 de abril de 2009
A Festa da Merenda volve a Aiazo, xa pola súa IV edición, o día 3 de abril de 2009 (o venres previo á Semana Santa). Coma sempre, haberá degustación gratuita de "merendas" ou tortillas de masa con torriscos elaboradas pola xente do lugar a partir das 21.00, dobre carpa para abrigarnos do frío e a choiva en caso de que fixeran acto de presenza e, por suposto, a actuación estelar de dúas orquestras de renome: Olympus e Panorama.
Á orquestra Olympus xa a coñecemos, por acompañarnos en pasadas edicións, aínda que o seu novo espectáculo "El Poder de la Magia" promete sorprendernos. Panorama será a primeira vez que nos visite e farao despois de cumprir os 20 anos enriba dos escenarios. Vaia nivelazo!
Ídela perder? Recordade, o venres 3 de abril á noitiña, IV Festa da Merenda en Aiazo (no campo de futbol, a carón da Área Recreativa "Os Pasos").
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario