Os primeiros días tiña a súa gracia. "Botouse o río!" e todos a correr para ver onde chegaba a auga, que leiras anegaba ou deixaba de anegar, que mesas da Área cubría e cales non, etc. Datos moi importantes todos eles para despois facer as conseguintes comparacións con outros anos. "Pois hai uns anos só se vían os largueiros das porterías" "Ai si, e logo cando a auga cubriu todo o Recobo e case chega á pista? Daquela si que se desbordou ben".
Todas estas lerias adoitan rematar recordando o Hortensia; e é que non hai Ruth nin Qumaira nin Stephanie que se lle asemellen. "Aquel si que foi un temporal".
Pero agora xa abonda. Ver o Tambre desbordado é máis que habitual nos últimos días, e xa non chama a atención nin dos cativos nin dos máis vellos. Estas son algunhas fotos de onte á tarde, aínda que xa baixara moito o caudal no momento de tomalas.
 
 
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario