5 de marzo de 2014

A pola novena!!!

Seguidores da Merenda, atrevédesvos coa novena? Aló imos...

Tal como viñamos anunciando en Facebook e Twitter, xa temos data para a novena edición da Festa da Merenda. Será o vindeiro 13 de abril, Domingo de Ramos, na Área Recreativa "Os Pasos" de Aiazo.

A partir das 12 horas haberá degustación gratuita de merendas e tamén pulpeira para os que queden con fame. E por se o frío ou a chuvia nos queren sorprender, carpas pechadasTamén haberá diversos postos de artesanía durante todo o día.

Á 12.30 comezará a música de man da Banda Amigos da Música de Ordes e ás 13.30 chégalle o turno a Cé Orquestra Pantasma, o home orquestra.
Ás 15 horas comezará a foliada coa actuación dos seguintes grupos folk:


- Rexente de Ponte Carreira.
- Pandereteiras das Encrobas.
- Tabernícolas de Compostela.
- As Sobreiras do Ulla de Touro.
- Leirabuxo de Melide.

E por suposto... Sarillo de Aiazo.


Ás 18:30 comezará a verbena a cargo das orquestras CICLÓN e PARÍS DE NOIA.



Recordade, domingo 13 de abril, na área recreativa "Os Pasos" de Aiazo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario