22 de novembro de 2010

Magosto 2010

O próximo sábado 27 de novembro, terá lugar o magosto no local social de Aiazo. Haberá castañas, filloas e chourizos.
Ese día contaremos coa presencia do alcalde e algún concelleiro para inaugurar a ampliación do local.
Ademais, presentarase o DVD "Coñecendo o noso pasado" e estarán presentes os seus protagonistas, as persoas que tan amablemente nos contaron as súas historias.
Esperámosvos alí a todos, a partires das 20.30.

2 comentarios:

  1. Bos dias, son Suso Marzoa, o home de Raquel de Fandiño,non sabedes, bueno pois o outro dia fomos o magosto e pasamolo a verdade e que moi ben.
    E quero desde aqui darlle as grazas os membros da directiva da Asociacion "os pasos" por todo o traballo que fan, desinteresadamente
    (e o que e peor, gastando as suas horas de descanso, en ben de todolos veciños e achegados coma min)para que poidamos ter uhna festa como a do outro dia, na que non faltou de nada, todo perfecto.
    Pero despois de que desaparecen os
    efluvios do " SANTA MINIA " e pensando con serenidade, ser socio non acaba no momento en que se paga a cuota, penso que todos, incluido eu, deberiamos involucrarnos un pouquiño mais ca asociacion para que siga facendo estas e outras actividades que tan boas son para a parroquia.
    Pola miña parte, quero ofrecer a miña colaboracion, sempre que as miñas obrigas laborales mo permitan
    xa que son unha persoa bastante ocupada (pa miña desjrasia).
    Pero bueno ahi queda o meu ofrecemento e o correo pa se queredes contactar conmigo ... sen problema.
    O dito moitas grazas por todo e seguide asi... !!!SODES UNS AUTENTICOS KRAKS!!!
    Saludos

    Suso Marzoa

    ResponderEliminar
  2. Bueeeeenoooo, bo, esquenceume poñer o e-mail,ahi vai:
    jesus.marzoa@dicoruna.es

    (ainda me durara o "SANTA MINIA)

    ResponderEliminar