5 de novembro de 2010
Coñecendo o noso pasado
Aquí vos presentamos a promo do proxecto "Coñecendo o noso pasado" que está a elaborar a A. VV. "Os Pasos", grazas á Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Traballo e Benestar; e que proximamente estará dispoñible en DVD. Trátase dunha gravación feita a seis aiacenses de entre 72 e 93 anos, na que contan como era a vida hai non tantos anos. Fálannos da súa infancia, xuventude e familia; de como viviron a guerra, a emigración, a pobreza... pero tamén hai lugar para as cancións, as lendas e as máis divertidas anécdotas que nos farán rir a gargalladas. Este proxecto está dirixido a todos nós, grandes e pequenos, homes e mulleres, residentes en Aiazo ou non; porque dá conta do noso pasado, da nosa historia e, en definitiva, de nós mesmos.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario