18 de decembro de 2008

MAGOSTO 08

Outra vez no outono, que maneira de correr o tempo. Os días que van a menos, as noites tan longas, o vento, a chuvia, esfollar o millo ou ensilalo claro, as mazás, as peras... e como non AS CASTAÑAS.
A castaña foi durante moitos anos o alimento básico dos galegos, ata que no século XIX, a pataca, á que denominaban castaña da terra ou castaña mariña pola súa orixe en ultramar, a substituíu na nosa dieta.
O exquisito froito dos castiñeiros tamén perdeu o protagonismo coa chegada do millo. As enfermidades que afectaban á árbore e a custosa recolección das castañas contribuíron a que os
campesiños se envorcasen masivamente no cultivo do novo cereal chegado de América e descoidasen o traballo nos soutos.
Antes destes dous episodios históricos, a castaña era o alimento principal sobre o que xiraba toda a nosa cociña. Secábase, torrábase, moíase, confeitábase, etc., xa que era necesario
conservala durante os meses de inverno. Destas formas de conservación e do bo facer das cociñeiras galegas xurdiron deliciosas receitas. Aí vai a receita dun saudable postre que leva castañas:

MADALENAS DE CASTAÑAS

Ingredientes para 4 persoas:
• 250 g de castañas
• 1 l de leite
• 250 g de azucre
• 4 ovos
• Manteiga
• Vainilla
• Caramelo líquido
Fai un corte na casca das castañas e cóceas en auga co anís durante media hora, aproximadamente. Unha vez cocidas, pélanse e tritúranse co batedor. Nunha cunca grande, monta as claras de ovo cun batedor de variñas. Dareiche un truco: para que queden perfectas, bótalles un chisco de sal ou unhas gotiñas de limón. Cando estean case montadas, engade un pouco de azucre e segue batendo. Saberás que están listas, se ao retirar o batedor, a clara deixa un “pico”. Noutra cunca grande, batemos a xema co resto do azucre. Sen deixar de bater, engadimos a manteiga e despois o ron. Coa axuda dunha culler de madeira ou unha espátula, incorporamos, pouco e pouco, as castañas trituradas, a fariña e o fermento. E por último, as claras montadas. Mestúraas co resto de ingredientes suavemente, revolvendo sempre no mesmo sentido e con movementos envolventes. Reenche os moldes de madalena sen chegar ao bordo e listo para entrar no forno (prequentado) a 170 ºC durante 15-20 minutos. Agora só queda que arrefríen para poder probalas.

ATENCIÓN ÁS PROPIEDADES
A castaña posúe propiedades tónico -vasculares, reconstituíntes e tamén antiinflamatorias.
Por tanto é beneficiosa para a memoria e moi indicada en casos de desgaste físico, depresións, problemas de próstata, varices, e hemorraxias.
Crudas son algo indixestas. Tomar algunha castaña cocida antes dun exame pode axudar a non ter lagoas de memoria.


E agora as FOTOS DO NOSO MAGOSTO (Feitas por Mónica) sen antes deixar de AGRADECER O ESFORZO FEITO SOBRE TODO POLAS MULLERES QUE FIXERON TANTAS FILLOAS.

Hai máis fotos no álbum da dereita.





















Ningún comentario:

Publicar un comentario