13 de novembro de 2008

Magosto 2008

Coma cada ano polo San Martiño xuntámonos tódolos veciños/as de Aiazo para comer unhas castañas, uns chourizos e unhas filloas, beber uns grolos de viño (só os maiores), contar uns contos e gozar da festa. Este ano non ía ser menos, así que o vindeiro sábado 15 de novembro tódolos Aiacenses temos unha cita no local social, aló pola noitiña, para celebrar o noso Magosto.



Parece ser que haberá sorpresas. Lembrade, o sábado día 15 de novembro no local social de Aiazo. Non esquezades traer moitas ganas de festa!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario