Xa remataron as vacacións e este blog volve a retomar a súa andaina na rede co único fin de mostrar ao mundo aquelo que máis nos enche de orgullo e emoción a tódolos aiacenses: a nosa parroquia. Tamén queremos que todos e todas poidades compartir as vosas novas, fotos, vídeos, anécdotas e experiencias relacionadas con Aiazo e as súas xentes nesta web. Para iso contamos con diversas ferramentas coma un caixón de mensaxes curtas ou unha presentación de fotografías e videos dos últimos eventos en Aiazo, sen esquecernos da posibilidade de comentar tódalas entradas que aquí se publican con total liberdade de espacio e extensión picando en comentarios.
Polo de agora, só informarvos de que xa tedes á vosa disposición o álbum de fotos da XI Ruta de Sendeirismo (na sección Aiazo en imaxes), así como o video tan agardado do noso veciño Enrique, sacristán da parroquia, cantando as aventuras de Manuel do Campo e a súa burra co que se fixo merecedor dun premio. Podédelo ver na sección Aiazo en vídeo. Recoméndovolo, non ten desperdicio.

Por último, felicitar unha vez máis ás mellores cociñeiras de merendas do mundo que, por casualidade, son todas de Aiazo e ás que esta pasada fin de semana homenaxeou a A. VV. Os Pasos cun xantar na área recreativa do mesmo nome.
É todo polo momento.
Seguiremos informando.
Hola a todos, los usuarios de este blog. Soy Irene Fuentes Juanatey, nieta de Eduardo Juanatey de la carretera, y de la casa de Mella, vivo en Venezuela, pero he ido varias veces y me he bañado en el río, que maravilla al ver las imagenes del senderismo, porque ademas mi mama estaba allá de visita...me trae buenisimos recuerdos. Soy una gallega reencauchada....Saludos a todos
ResponderEliminarHola, muy buenas,
ResponderEliminarme ha gustado mucho ver que hay iniciativas de este tipo en el pueblo de Aiazo, se ve que mal no lo pasais. Me ha gustado mucho ver ese sitio magico de los pasos donde he pasado muchos veranos...y pasare.Ademas he podido ver a mi primo Enrique (que no nos vemos muy a menudo y a la tia que andaban por ahi) Saludos a todos . La nieta de Peteiro y Maria