16 de xullo de 2008

XI RUTA DE SENDEIRISMO

No ano 1998 xurdiu a idea de facer un percorrido por algún lugar da nosa parroquia ou entorno, sobre todo para que os máis novos descubrisen os sitios tan fermosos cos que contamos e aprendesen a valorar a riqueza natural dos nosos arredores. Por outra banda era importante que tomaramos conciencia de que debiamos querer e respectar o medio que nos rodea, descubrir pequenas fontes que non paran de botar auga fresca no medio do monte, aprender a escoitar o canto dos paxariños e empaparse da tranquilidade que nos transmiten, apreciar a beleza das innumerables plantas coas que contamos como freixos e aveleiras na beira do río, fieitas reais, queirogas... A experiencia tivo éxito e xa imos pola DECIMOPRIMEIRA RUTA DE SENDEIRISMO. Será coma sempre o primeiro sábado de agosto. Faremos a ruta prevista, xantaremos na área recreativa e disfrutaremos coas distintas actividades pola tarde.

Ningún comentario:

Publicar un comentario