25 de xullo de 2016

AiazoGo

O próximo sábado 6 de agosto, nenos/as e non tan nenos/as emprenderemos, coma cada ano, unha camiñata por algún lugar destacado do noso entorno. Ademáis de ser unha actividade física en plena natureza, con tódolos beneficios que iso nos reporta, achegámonos un pouquiño á nosa historia e á nosa cultura con paradas e pequenas charlas en puntos de interese da nosa localidade ou de poboacións veciñas. 
Pero sabemos que, ás veces iso non é o que máis motiva aos máis novos... Unha pantalla dun televisor, dun ordenador, dunha tablet ou dun móvil resultan, na maioría dos casos, moito máis atractivas que a simple perfección da natureza que nos rodea. Non hai máis que ver o fenómeno PokemonGo e a repercusión que está tendo nestas últimas semanas en todo o mundo.
Precisamente para os fans desta aplicación móvil, anunciamos que a XIX Ruta de Sendeirismo pasa por dúas Pokeparadas onde poderedes conseguir obxectos valiosos para o xogo: a igrexa de San Román e a capilla da Grabanxa.


Ademáis, sabemos de alomenos outros dous puntos de interese que se converteron en Pokeparadas neste xogo dentro dos límites da nosa parroquia: a casa do Fogueteiro en Fontelo e o dolmen de Guntín.


Iso sí, non avistamos ningún pokemon salvaxe en todo o percorrido, pero si poderedes ver outra clase de seres escondidos entre o monte. Cremos que lles chaman... animais..., si, ANIMAIS. Para velos, non precisadas dun móvil, só tedes... que estar moi atentos! Boa sorte!

Ningún comentario:

Publicar un comentario