Trala misa de rigor en Papucín, na que participaron activamente veciños das cinco parroquias nos cantos e lecturas, houbo un xantar no Restaurante Cadaval, onde tamén se lle fixo entrega dunha placa.
Ademais, os veciños de Aiazo quixeron ter un detalle e unhas palabras con el ao rematar o seu oficio na nosa parroquia. O agasallo consistía nunha Biblia gravada e unha enciclopedia relixiosa. As palabras de agradecemento reproducímolas a continuación:
Estimado D. Antonio, nestes 50 anos de sacerdocio, os da
parroquia de S. Pedro de Aiazo queremos darlle as gracias:
- Gracias porque sempre
ten un sorriso para nós.
- Gracias pola súa
bondade.
- Gracias polo interese
e preocupación que sempre mostra por nós.
- Gracias pola súa
comprensión e paciencia.
- Gracias por saber
levarnos da mellor maneira posible.
Que saiba, que Xesús estaría moi
orgulloso destes 50 anos de entrega a Deus e aos demais, por difundir a súa
mensaxe coa palabra, pero sobre todo co seu exemplo.
Aiazo, 21 de decembro de 2014
Ningún comentario:
Publicar un comentario