9 de novembro de 2014

Outono, tempo de magostos.

Outono, tempo de magostos. E nós non iamos ser menos. Este sábado 8 de novembro, xuntámonos os veciños e veciñas de Aiazo para comer unhas castañas asadas, filloas con chourizos e contar uns contos.


Aínda que o día non nos acompañou por momentos, puidemos asar as castañas fóra coma de costume e despois comer as ricas filloas con chourizos que nos preparaban as cociñeiras dentro do local social. 

Máis tarde viría o café e a tradicional queimada.
Por último a música de Sarillo e a troula de tódolos veciños. Se ata houbo quen se atreveu a cantar a capela!




Ningún comentario:

Publicar un comentario