22 de xullo de 2014

20 aniversario da Área Recreativa "Os Pasos"



A Área Recreativa "Os Pasos" de Aiazo cumpre 20 anos o día 23 de xullo de 2014 e pode celebralo gracias a tódolos veciños que axudaron no seu nacemento, os que axudaron a levantala, a conservala, a mellorala un pouquiño cada ano. Tamén a todos os que a encheron de vida, bañándose nas augas do seu río, sentándose a comer nas súas mesas, cociñando nas súas barbacoas, xogando na súa herba e, sobre todo, coidándoa a respetándoa. Un lugar coma este non sería posible sen a colaboración de todos/as. Para que siga vivindo moitos anos máis, este sábado día 26 conmemoraremos este acontecemento co típico xantar dos socios. Contaremos co servizo de cátering Taboada e coa actuación do Dúo Fantasía, subvencionado o 50% pola Deputación da Coruña. Vémonos alí veciños/as!

Ningún comentario:

Publicar un comentario