24 de maio de 2014

Aiazo, escenario dun crime

Non vos asustedes, non pasou nada; pero esta semana, en Aiazo, fomos testemuñas dun asasinato, iso si, ficticio. 

E é que a Área Recreativa "Os Pasos" xunto con outras localizacións da nosa parroquia foron escollidas como escenario para recrear un crime acontecido hai algún tempo nas beiras do río Umia. 

Cámaras, actores, unha maquilladora, productores, etc achegáronse ata aquí a tarde do xoves para gravar as diferentes escenas que poderedes ver o próximo mércores no programa Galicia 112 da Galega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario