10 de abril de 2014

Non paramos!

Estamos na semana previa á IX Festa da Merenda e queremos compartir con vós as datas e os horarios nos que nos poderedes ver na radio e televisión.

Comezamos o mércores no programa "Santiago Te Ve" de Santiago TV sobre as 20:15 e despois outra vez ás 22:30.
O xoves, arredor das 10 da mañá poderedes escoitar unha entrevista sobre a IX Festa da Merenda na Radio Galega.
O venres poderedes vernos no programa Luar da Galega, facendo merendas en directo e acompañados do grupo Sarillo que interpretará a "Jota e Muiñeira de Aiazo".
E o sábado de mañanciña, arredor das 10, temos outra entrevista en Radio Voz.

Non paramos!

Mentres tanto, compartimos a cuña de radio que se está a escoitar durante toda a semana na Radio Galega.


Ningún comentario:

Publicar un comentario