En marzo do 2006, á par que a I Festa da Merenda, nacía este blog co obxecto de dar a coñecer a nosa parroquia, cos seus incribles espazos naturais, coas súas xentes, cos seus costumes e tradicións, coas súas festas e celebracións; en definitiva, con toda a súa esencia.
Cinco anos despois, tras superar varios milleiros de visitas, o blog comezou a quedarsenos pequeno pois, malia recibir moitos comentarios, queriamos un contacto máis directo coa xente, cos nosos veciños de Aiazo e cos que están lonxe da súa terra. Así se creou a nosa conta de Facebook, que actualmente conta con máis de 1.400 amigos/as que comparten a diario os seus estados e as súas fotos de Aiazo con nós.
Pero nós queremos seguir medrando e agora tócalle a súa vez a outra grande rede social: o Twitter. Si, si, o paxariño de twitter plantouse nos Pasos e cos seus chíos está a reivindicar o seu lugar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario