O pasado sábado xuntámonos os veciños/as de Aiazo para comer catro castañas, un par de filloas con chourizos e contar uns contos como vén sendo habitual por estas datas. A A. de V.V. Os Pasos tiña dúas longas mesas preparadas no local social, que de seguido se quedaron curtas ante a afluencia de xente.
Os homes afanábanse en asar as castañas fóra e combatían o frío cuns grolos de viño a carón do lume.
Dentro, as mulleres preparaban as filloas e os chourizos.
Ao final da noite, Sarillo deleitounos con algunhas das súas cancións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario