16 de febreiro de 2013

Xa está aquí a oitava!!!

Pois si, tal como viñamos anunciando días atrás en facebook, xa temos data para a oitava edición da Festa da Merenda. Será o vindeiro 24 de marzo, Domingo de Ramos, na Área Recreativa "Os Pasos" de Aiazo.

Coma sempre, haberá degustación gratuita de merendas a partir das 12 h. e ás 12.30 comezará a Foliada coas seguintes agrupacións:

- Agrocovo de Esteiro.
- Reviravolta de Lardeiros.
- Rexente de Ponte Carreira.
- Embruxo de Leira.
- As Sobreiras do Ulla de Touro.
- Néboas no Cumio de Sigüeiro.
- Leirabuxo de Melide.

E por suposto... Sarillo de Aiazo.


Ás 14:30, non vos perdades a actuación de Cé Orquestra Pantasma (o home orquestra).




Ás 17:30, faremos un pase conxunto de todos os grupos.

Ás 18:30 comezará a verbena a cargo das orquestras CICLÓN e PARÍS DE NOIA.


Para os que queden con fame, teremos pulpeira e por se o frío ou a chuvia nos queren sorprender, carpas pechadas.

Lembrade, o próximo 24 de marzo tedes unha cita en Aiazo na VIII Festa da Merenda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario