21 de xaneiro de 2013

1ª enchente do ano



A pasada fin de semana, debido ás abundantes chuvias, o Tambre aumentou o seu caudal e anegou a Área Recreativa "Os Pasos". Foi a primeira enchente do ano e tamén deste inverno.


Ás 10 da mañá, a auga xa cubría todo o parque e o campo de fútbol, que semellaba unha gran piscina. As mesas e os bancos parecían flotar na auga. Máis tarde desaparecerían baixo as augas. As imaxes son impresionantes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario