14 de abril de 2011

Sarillo de Aiazo en "Vaia troula"

Hai quince días, Sarillo de Aiazo participou nas XXVII Noites de Tasca en Ponte Carreira. Ese mesmo día, as cámaras do programa "Vaia Troula" da galega cubrían o evento e grabaron parte da súa actuación, así como tamén entrevistaron a algúns dos membros do grupo.
O pasado sábado, á tardiña emitiuse a reportaxe completa na tvg. Para os que non a puidestes ver, aquí tedes o video:



Pero aínda hai máis. Os redactores do programa volveron a Aiazo o pasado domingo, esta vez para facerse eco da VI Festa da Merenda. Seguro que moitos de vós vistes os seus micros e as súas cámaras. Pois ben, este sábado día 16 de abril, aló polas 18:30, emitirase a reportaxe completa gravada na VI Festa da Merenda de Aiazo. Non a perdades!

1 comentario:

  1. Ao final non foi o sábado 16 de abril, se non que o emitiron o seguinte sábado 23 de abril. ;)

    ResponderEliminar