18 de marzo de 2011

VI FESTA DA MERENDA (domingo 10 de abril)

Fans da Merenda, anotade esta data, domingo 10 de abril,e preparádevos para disfrutar con todo o que vos temos preparado este ano.


Para empezar, a festa será un domingo durante todo o día. Polo tanto máis merenda, máis festa e máis diversión.

Haberá degustación gratuita de merendas a partir das 13 horas e tamén pulpeira para os que queden con fame. Tamén haberá diversos postos de artesanía durante todo o día.


A música acompañaranos dende as 13.30, pois a esa hora comeza a Foliada da Merenda coa actuación dos seguintes grupos folk:

- Reviravolta de Lardeiros

- Os Reiceiros de Ponte Carreira

- As Sobreiras do Ulla

- Os Marteiros de Arca

- Grupo de música tradicional de Ordes
 

e como non, os anfitrións, os nosos veciños de Sarillo de Aiazo.

A Foliada rematará ás 18.00 cun pase seguido de tódolos grupos. E a esa hora comezará a verbena, este ano, coas orquestras:




Recordade, domingo 10 de abril, na área recreativa "Os Pasos" de Aiazo.

E para ir abrindo boca...


Non faltedes!

Ningún comentario:

Publicar un comentario