O pasado luns de antroido, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, estivo en Frades para inaugurar o multiusos e para asistir ao nomeamento do maxistrado José Mª Botana como fillo predilecto do noso concello.
A A.V.V. "Os Pasos" de Aiazo foi a encargada de preparar as filloas, orellas, chourizos e, como non, as merendas que degustaron todos os alí presentes. As nosas cociñeiras da Festa da Merenda impresionaron ao noso presidente, quen saudou a cada unha delas e non dubidou en probar as súas deliciosas filloas.
A nota musical púxoa "Sarillo de Aiazo", que aledou a tódolos asistentes durante toda a tarde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario