5 de febreiro de 2009

Clases de gaita, pandeireta, tambor, bombo e canto tradicional galego no local social

Dende hai uns meses estanse impartindo, tódolos sábados pola mañá no local social, clases de música e canto tradicional galegos á que asisten moitos dos nosos veciños e veciñas. Entre os instrumentos que se poden aprender a tocar están a gaita, a pandeireta, o bombo e o tambor. Tamén se están impartindo clases de canto e tanto éxito están a ter, que ata se atreveron a cantar para tódolos veciños de Aiazo unhas coplas de Nadal o pasado 25 de decmbro á saída da misa.
Dende aquí desexámoslles moita sorte e moito ánimo, comezar de cero cun instrumento non é nada doado e precísanse moitas horas de ensaio, pero o resultado sempre é maravilloso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario