Amosando publicacións coa etiqueta local social. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta local social. Amosar todas as publicacións

21 de febreiro de 2008

Mens sana in corpore sano

Parece que os Reis Magos viñeron cargadiños a Aiazo este ano. Primeiro foron os ordenadores e seguidamente, para exercitar non só a nosa mente senón tamén o noso corpo, deixáronnos catro máquinas de ximnasia: unha bicicleta estática, unha bicicleta elíptica, unha cinta e un stepper.

Deste xeito, os nosos maiores (moitos dos cales viven sós) teñen un incentivo para saíren das súas casas, facer un pouco de exercicio, conversar cos veciños/as e ata xogar unha partida de cartas tódalas tardes.


A iniciativa está a ser un éxito e así nolo demostran as persoas que tódalas tardes se reúnen no local social para facer uso das máquinas.

8 de febreiro de 2008

Internet tamén para nós

En colaboración coa Consellería de Medio Rural, a Asociación de Veciños "Os Pasos",vén de equipar o local social da nosa localidade con tres equipos informáticos (que en breve disporán de conexión a internet) e unha impresora multifunción para o seu uso gratuito polos rapaces e mozos/as de Aiazo. Deste xeito, o proxecto "Internet tamén para nós" pretende garantir as mesmas oportunidades de acceso ás Novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación e á rede Internet para os nenos do medio rural que non dispoñen das vantaxes de vivir preto dun cyber ou dunha biblioteca ou aula de informática públicas