3 de abril de 2016

XI Festa da Merenda, o día despois

O pasado 20 de marzo celebramos a XI edición da Festa da Merenda.  
O día comezou chuvioso e gris, pero logo se animaron os primeiros festeiros. 
Dende ás 12 do mediodía, tivemos degustación gratuita das merendas. 


Ás 13:30 comezaba a actuación da Charanga Mekánika!

Xa polas 16 h. comezaría a VI Foliada da Merenda que organiza a Asociación Sarillo e que este ano contou coa participación das seguintes agrupacións: Reviravolta (Lardeiros)Agrocovo (Esteiro)Arnela (Carral), As Sobreiras do Ulla (Touro), Os do Pilón (Arzúa) e os locais Sarillo de Aiazo.



Ás 19:30 tocáballe o turno ás dúas orquestras: Cinema e París de Noia que, coma o ano pasado, farían vibrar a todo mundo.


Por suposto, non faltou o bochinche e a pulpería. Aínda así, o importante da festa foron as merendas que non deixaron de cociñarse en todo o día. 


E todo iso gracias ás nosas magníficas cociñeiras. Sen elas nada disto sería posible. Sodes as mellores! Tamén queremos agradecer a todos os veciños/as que colaborastes cociñando, servindo, aparcando, etc. Sen a vosa axuda, nada disto sería posible! 


Agradecer tamén ao concello de Frades o seu interese na festa e a tódolos patrocinadores polo seu gran de area. Por último, moitas gracias aos que viñestes a pasar o día con nós e colaborastes coa festa mercando un pano, unha rifa ou unha merenda para levar. Moitas gracias tamén, aos que estivestes comendo na área e recollestes todo ao marchar. 


Vémonos o ano que vén!


*Máis fotos na sección "Aiazo en imaxes", en facebook e twitter.

Ningún comentario:

Publicar un comentario