Nesta ocasión, o percorrido partía do local social, pasando polo dolmen de Aiazo, cara a San Román para cruzar o Tambre pola ponte de Cas e volver por Lardeiros a carón do río. Neste traxecto puidemos observar distintos tipos de plantas e árbores, descubrimos casas abandonadas agochadas entre a maleza, entramos nun muíño, vimos a Presa de Agrolongo... e decatámonos de que temos un mundo por descubrir ás portas da nosa casa.
Xa de volta en Aiazo, cruzando polos Pasos, xantamos na Área Recreativa e pola tarde contamos cos xogos e actividades de Cristina, a animadora do concello. Que ben o pasamos!
Ademais levamos un pequeno agasallo dos rapaces do chiringuito. Moitas grazas amigos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario