28 de agosto de 2013

Javier Carnota e Tania Veiras no San Roque

O deste ano foi un cheo absoluto. Non se recordaba tanta xente nin na sesión vermouth nin na verbena dende había varios anos. Pero a ocasión merecíao. 
Todos estabamos ansiosos por ver enriba do escenario á rapaza que, para moitos, é a verdadeira gañadora do concurso Recantos de Luar; pero sobre todo esperabamos ao noso veciño, o rapaz que tantas veces pedía subir ao escenario de neno, o rapaz que pouco a pouco viu cumprido o seu soño de cantar nunha orquestra e de facelo na súa terra.

Tania Veiras, da parroquia veciña de Beán, sorprendíanos a todos coa súa tremenda voz. Por algo quedou entre os 4 finalistas do concurso Recantos do Luar. Dende Aiazo, sempre tivo o noso apoio e aínda que ao final non puido ser, tiñamos moitas ganas de vela en directo. Por suposto, non defraudou a ninguén.

Pero o máis agardado por todos era o noso veciño Javier Carnota.
Cantas veces de neno se subiu ao palco do campo da festa para cantar unha canción... quen lle ía dicir que anos máis tarde ía volver a facelo pero desta vez como cantante oficial. Él que sempre soñou con formar parte dunha orquestra.

Tralo seu paso por orquestras coma Juan Mallo e Nova Imperial, sería a orquestra Madeira quen o traería de novo a Aiazo. Que maneira de cantar e bailar. Puxéronnos a todos en movemento.
E Javier xa non é aquel rapaz que recordabamos, agora é un artista dos pés á cabeza. Alegrámonos moito de que puideras cumprir o teu soño. Sigue así porque vales moito. Esperamos volverte a ver pronto!


Ningún comentario:

Publicar un comentario