8 de agosto de 2013

A Ruta do Río Tambre

Coma cada ano, e xa imos pola XVI Ruta de Sendeirismo, o primeiro sábado de agosto os Aiacenses botámonos a andar e procuramos coñecer as belezas naturais que nos rodean. Nesta ocasión, decidimos facer a Ruta do Río Tambre que promociona o concello e que parte da Ponte Brates para chegar a nosa Área Recreativa dos Pasos, e que tamén se pode facer á inversa.
Xuntámonos na antiga escola de Aiazo, agora local social, arredor das 9.30 e tras repartir as gorras e sacar as fotos de rigor, trasladámonos ao punto de partida en autobus.
Xa en Brates, dispuxémonos a camiñar os 12 km que nos separaban de Aiazo con moita alegría e ánimo. Tras subir e baixar algunhas costas os ánimos ían descendendo pero a alegría seguía sendo a mesma.

Tivemos que sortear algún que outro atranco...


Na Praia Fluvial "A Presa" puidemos repoñer folgos e beber un pouco de auga.


Cruzamos a presa e continuamos a ruta cara Aiazo. Algúns ata se descalzaron!


Despois cruzamos a  ponte romana que lle da nome a Ponte Carreira. Xa quedaba pouco!


Cando chegamos aos Pasos, xa ulía a churrasco. Así que, todos a comer!



Pola tarde virían os xogos para os nenos/as e os non tan nenos/as. Que ben o pasamos!





Ata a próxima veciños/as.

Ningún comentario:

Publicar un comentario