Coma cada ano por estas datas, xuntámonos os socios da A. de V.V. "Os Pasos" de Aiazo para xantar e botar unhas bailas na área recreativa que entre todos os veciños levantamos hai xa 19 anos. É o día para contar uns contos cos veciños, rir un pouco e, en definitiva, pasalo ben.
Tralo xantar (que estivo espectacular), o Dúo Maracaibo animábanos a bailar ao ritmo das súas cancións. E á última hora, Sarillo tamén nos tocaba unhas pezas. Que non se diga que en Aiazo non sabemos divertirnos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario