Noutras ocasións contámosvos como Marcos Carro Fernández se proclamaba campión da provincia da Coruña de lanzamento de peso, tamén compartimos con vós un video no que Enrique Astray Otero canta a vida privada de Manuel do Campo, canto co que foi galardoado; dende Francia chegábannos unhas letras moi garimosas de Tamara Guirao Espiñeira, unha escritora que xa recibiu moitos premios; o grupo Sarillo gañaba por dúas veces o 2º premio no Concurso de Disfraces de Frades; por non falar das nosas aclamadas cociñeiras da Festa da Merenda e as súas aparicións televisivas nos programas España Directo, Vaia Troula e A Revista.
Desta vez querémosvos ensinar un relato que escribiu Daniel Carro Fernández, e que foi seleccionado para ser publicado na revista escolar do CPI de Ponte Carreira, centro no que acaba de rematar con éxito a educación secundaria obrigatoria. Os nados en Aiazo, identificaredes moitos lugares e personaxes coñecidos. Facede clic no título para lelo.
Desvelo Premonitorio
Dende aquí queremos felicitalo polo seu traballo e animalo a que siga escribindo.
¡Ola veciños!
ResponderEliminarMil grazas pola mención e polos piropos. Seica en aiazo se dan ben as persoas ademáis das tortillas, e iso se ve en todo o que a Asociación está a facer.
Deixarvos unha notiña sobre uns novos "Pasos" literarios que poderedes atopar en wordpress: ospasos.wordpress.com
Unha aperta
Tamara (de Espiñeira)
Gracias a ti por seguirnos e polo teu comentario. Estaremos atentos ás túas publicacións no teu blog. Un saúdo dende Aiazo
ResponderEliminar