Como novidade, este ano contamos coa presenza dunha pulpeira do Carballiño, que nos serviu empanada, pulpo e carne ao caldeiro a corpo de rei. E de sobremesa, unha tarta larpeira exquisita!
Tralo xantar, os nosos veciños de Sarillo de Aiazo amenizaron a tarde ao son das súas gaitas, pandeiretas e como non dos seus cantos. Vaia festa se armou!
E polo serán, chegou o trío Sintonía, disposto a facernos mover ata o último dedo do pé. Pero que bailaríns estamos feitos.
Esta é só unha pequena mostra. Tódalas fotos en facebook. Seguídenos e etiquetádevos nas fotos nas que saiades.



Ningún comentario:
Publicar un comentario