Moita comida, moita música, moita natureza e sobre todo, moita festa. Esta é a esencia da Festa dos Pasos que coma cada ano se celebra na Área Recreativa do mesmo nome co obxectivo de xuntar a tódolos veciños/as de Aiazo para contar uns contos, divertirse e botar unhas bailas.
O tradicional menú consistía en empanada, churrasco, tarta larpeira, café e queimada. Despois comezaba a música de man da charanga Ruada.com e, ao anoitecer, co dúo Camilo e Eva.
Como vos podedes imaxinar a festa rematou de madrugada, e é que aos aiacenses non hai quen nos pare. De tódolos xeitos, este ano saíronnos uns serios competidores. Estou a falar dos membros da Banda de Música de Ordes que tamén celebraban unha churrascada ese mesmo día e non dubidaron en unirse a nós no baile. Menuda marcha que tiñan! Pero que fácil cho puxemos Eva, sempre es ti a que vas buscar a xente para bailar; pero esta vez apuntabámonos todos sen rechistar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario