3 de xuño de 2011

Fotos do Entroido 2011

Chegáronnos unhas fotos deste Entroido nas que saen algúns aiacenses facendo das súas.

Estamos a falar dos membros de Sarillo de Aiazo que non dubidaron en montar un "control de halkolemia" (como eles escriben), con conos e todo, para immobilizar a todos aqueles vehículos que saían da discoteca Kull de Ponte Carreira.

Como vos podedes imaxinar, alí non se librou ninguén; bueno sí, unha rubia cañón que non deixou indeferente aos gardas.

O control rematou con todos os alí presentes bailando a canción "Porque isto é tráfico" que todos coñecemos do programa Land Rober da galega.


O baile, os disfraces e a posta en escea fixéronlles gañar o segundo premio da categoría grupal. Noraboa!

Ningún comentario:

Publicar un comentario