5 de agosto de 2010

De ruta!

Malia ser a décimo terceira Ruta de Sendeirismo de Aiazo, a mala sorte asociada a este número non fixo acto de presenza e, segundo dixeron moitos dos que alí estiveron, gozamos dun día maravilloso.


O camiño comezaba no local social, como cada ano, e dende alí dirixímonos, coma se dunha peregrinación se tratase, ata a coñecida como "catedral da montaña", a igrexa de Lardeiros.



Xa alí, agardábanos o seu párroco que, moi amablemente, nos explicou as curiosidades daquela igrexa que a fan tan especial e nos amosou os seus recunchos máis agochados.

Á volta, xantamos na área recreativa "Os Pasos" e disfrutamos dunha tarde chea de sorpresas. Aos tradicionais xogos de carreira de sacos, tiro de corda, etc sumóuselle unha paiasa que abraiou a grandes e a pequenos coa súa arte coa globoflexia e a maquillaxe. Ata se atreveu a gastarnos algunha que outra broma!





Tampouco podía faltar a auga e a espuma nunha tarde de calor, así que aquí vai un refrescante video.

Ningún comentario:

Publicar un comentario