O pasado domingo iniciouse na Galega a 5ª tempada do exitoso programa "Doa a doa", no que os avós e avoas da nosa terra relatan como eran os tempos de antes que lles tocou vivir. Entre os entrevistados nesta nova tempada figuran dúas aiacenses que, xa neste primeiro capítulo, demostraron non terlle ningún medo ás cámaras e falar con moita soltura de diferentes temas. Son María Sánchez (da casa de Mella de Fontelo) e Encarnación Costoya (da casa do Curro da Devesa), ás que dende aquí felicitamos con moito cariño.
Para os que non poidades ver os capítulos picade aquí: Televisión á carta
Ningún comentario:
Publicar un comentario