O pasado venres, 3 de abril, moitos/as de vós asististes á IV edición da Festa da Merenda de Aiazo e comprobastes en primeira persoa como nos gusta a festa e a diversión a tódolos/as Aiacenses. Pero para os que por algún motivo non puideron acudir ao evento do ano en Aiazo, aquí van a crónica e as imaxes dunha noite irrepetible.
Aínda que o parte meteorolóxico anunciaba lixeiras precipitacións para a noite, o certo é que o día 3 de abril amenceu totalmente despexado e soleado, polo que poucos presaxiaban as chuvias que caerían a partir das 3 da mañá. Vai ser certo iso de que non hai Festa da Merenda sen que chova un pouquiño. E xa pola mañá comezaban os traballos para que todo estivera preparado para esa noite: a montaxe das carpas, dos escenarios das orquestras Olympus e Panorama, dos bochinches...



Durante a tarde moitas mulleres traballaron arreo na elaboración do amoado para as tortillas ou merendas. Empregáronse arredor de 40 ducias de ovos e 2 sacos de fariña que xunto coa auga fixeron un total de 200 litros de amoado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario