22 de abril de 2008

A III Festa da Merenda nos xornais

Como xa sabedes, o pasado 14 de marzo celebrouse en Aiazo a III Festa da Merenda, acontecemento do que se fixeron eco diversos medios de comunicación.

Entre eles é preciso mencionar o programa da Radio Galega "Pensando en ti" dirixido e presentado por Marcial Mouzo, ao que agredecemos enormemente á súa atención e colaboración coa festa, e tamén o programa "Luar" da Televisión de Galicia que tódolos venres presentan Xosé Ramón Gayoso e Nieves Rodríguez.
A III Festa da Merenda tamén apareceu en diferentes xornais de ámbito comarcal coma "Tierras de Santiago" ou "El Entorno Metropolitano". Aí vos deixo as súas reportaxes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario