9 de novembro de 2007

Fotos do Magosto (3 de novembro de 2007)


Pois xa temos as fotos do magosto celebrado en Aiazo o pasado 3 de novembro, como aquí vos anunciaramos. Darlle as gracias a Mónica (a fotógrafa) por compartir con todos nós as imaxes daquela noite. Coma sempre, podédelas ver a pantalla completa na sección "Fotografías de Aiazo". Espero que vos gusten.


Un bico xentiña e dende aquí anímovos aos que queirades a compartir con todos nós neste blog fotos de Aiazo, da súa xente, das súas celebracións, etc. Podédelo facer subindo as vosas fotos a un álbum web picassa (http://picassaweb.google.es) e enviando posteriormente un mail a tamica_@hotmail.com para que eu o inclúa na sección "Fotografías de Aiazo", ou simplemente enviando as fotos ao meu correo electrónico para que eu as suba.

Ningún comentario:

Publicar un comentario