24 de agosto de 2007

Grupo Ciclón, unha nova promesa entre as orquestras

O pasado domingo 19 de agosto, día no que se celebraba a Festa de San Roque na nosa localidade de Aiazo, tivemos o pracer de ver actuar a unha das novas promesas entre as orquestras, que de seguro dará moito que falar.
Trátase do Grupo Ciclón, capitaneado por Noelia (a súa cantante femenina) e seguida dun séquito de músicos e outros cantantes, que fixeron as delicias de mozos e maiores (sobre todo destes últimos cando Noelia se lles achegaba para bailaren).
Todo un espectáculo visual, moi animado polos dous cantantes, que conseguiron mover á xente facendo rodas de baile en diversos momentos.
Estamos asistindo ao nacemento dun gran grupo? O tempo será o que nolo diga.
Aquí deixo algunhas fotos do momento.




Ningún comentario:

Publicar un comentario