23 de outubro de 2015

Homenaxe a Agustín

O pasado sábado, 17 de outubro de 2015, familiares, amigos e veciños, reuniamonos no Alba para xantar e homenaxear a labor de Agustín durante estes anos pola nosa parroquia.


Agustín Sánchez Rey, promoveu a comezos dos anos 90 a creación dunha Asociación de Veciños en Aiazo, da cal foi o seu primeiro presidente, e que segue activa a día de hoxe.


Unha das súas preocupacións foi crear unha Área Recreativa Fluvial a carón do Tambre. Despois de moito traballo, o seu proxecto vía a luz por fin o 23 de xullo de 1994.


Dende a Asociación impulsou moitas actividades facendo de Aiazo unha parroquia activa: xantar dos socios, rutas de sendeirismo pola contorna, actividades para nenos/as, magostos, melloras e equipamento do local social...


Como non, tamén estivo involucrado dende o principio na xa máis que coñecida Festa da Merenda, tanto como organizador coma de cociñeiro.


Por todos estes anos de entrega e dedicación a Aiazo...

gracias!






Ningún comentario:

Publicar un comentario