8 de agosto de 2015

Fotos da XVIII Ruta de Sendeirismo

O pasado 1 de agosto, os de Aiazo botáronse a andar na XVIII Ruta de Sendeirismo. Nenos/as e non tan nenos xuntábanse no local social para recoller a súa gorra e sacar a foto de rigor.

Tras isto, comezaría a camiñata. Pistas, camiños, corredoiras, prados... paisaxes incomparables ata chegar ao noso destino: a planta depuradora da Ponte.

Tras unhas explicacións sobre o funcionamento da mesma e máis fotos, emprenderíamos o camiño de volta. Aos poucos metros da Área Recreativa Os Pasos, xa ulía a churrasco.



Tralo xantar, o Mago Pedro Bugarín ilusionaríanos cos seus trucos de maxia. E por se fora pouco, Nina, a animadora do concello divertiríanos cos seus xogos.
Que ben o pasamos!


Ningún comentario:

Publicar un comentario