27 de febreiro de 2007

A chuvia fixo estragos... pero non puido coa II Festa da Merenda!!!


O pasado venres 23 de febreiro tivo lugar en Aiazo (Frades) a II Edición da Festa da Merenda, organizada pola Asociación de Veciños "Os Pasos" do mesmo lugar. A súa pretensión é honrar un produto con moita tradición na comarca, que foi un dos alimentos básicos dos anos da posguerra.

Nove mulleres de Aiazo (abaixo retratadas) estiveron elaborando, ao longo de algo máis de 5 horas, a tradicional merenda ou tortilla de masa acompañada de torriscos. Empregáronse uns 60 Qg de fariña, 22 ducias de ovos caseiros e 15 Qg de touciño do que se obtiveron os torriscos.
A pesares da intensa chuvia, que caeu ao longo de todo o día, a festa resultou un éxito como o demostran as máis de 1000 persoas que pasaron polo campo da festa, situado na Área Recreativa "Os Pasos", entre as 9 da noite e as 5 da madrugada.
Uns gaiteiros e as orquestras Olympus e Philadelphia foron os encargados de aledar a noite, sobre todo aos máis novos.


As palas e os tractores do concello e dos veciños de Aiazo traballaron arreo toda a tarde para colocar os trailers cos escenarios móviles das orquestras no campo, que a chuvia deixara todo enlameado.



Mentres tanto, as cociñeiras tamén preparaban os seus utensilios...







E comezaron a face-las tortillas...





E aquí están as protagonistas da noite: as cociñeiras, xa que sen elas non habería "merenda". Comezamos con Mariluz de Mestre...

Jesusa de Castro

Encarnación do Curro

Consuelo de Meixide

Maruja da Pedra

Carmucha do Muiñeiro

Fina de Neira

Fina de Carro

...e Carmen de Ramiro

E aquí temos aos primeiros comensais...


Os membros das orquestras Olympus e Philadelphia tamén tiveron uns minutos para probar as tortillas antes de comezar as súas actuacións.
O alcalde tamén se atreveu a virar polo aire a merenda

Os gaiteiros de Lardeiros comezaron a animar a festa
E a continuación tocoulle a quenda á orquestra Philadelphia





E para aledar aínda máis a tódolos asistentes, a orquestra Olympus:





E por último, só me queda mostrarvos aos organizadores desta espectacular Festa da
Merenda.



Moitas grazas a todos eles e, por suposto, a tódolos asistentes. Vémonos o ano que vén.

Ningún comentario:

Publicar un comentario